|
Volven as caricaturas de Mahomé |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Domingo, 09 de Marzo do 2008 |
Internacional
|
 |
Milleiros de estudantes afganos bloquearon unha autopista e ameazaron con atacar aos soldados estranxeiros durante a última protesta contra a reedición das polémicas caricaturas de Mahomé nos xornais daneses. A protesta tivo lugar hoxe perto da cidade de Jalalabad, na autopista en dirección a Pakistán, tralas violentas protestas realizadas un día antes na cidade de Herat. |
Os manifestantes de Jalabalad cantaron contra as potencias occidentais, e queimaron bandeiras danesas e holandesas na contra tanto dos editores como do político holandés que anunciou a súa intención de estrear un filme sobre o Corán.
"Se as nosas demandas non se satisfán, organizaremos máis protestas e procederemos a organizar ataques suicidas contra os estranxeiros", afirmou Ibrahim, un dos estudantes.
Estes protestos seguen aos iniciados a semana pasada, cando perto dun milleiro de afganos protestaron pola reedición das polémicas caricaturas de Mahomé divulgadas en 2005 por un xornal danés, e na que esixiron tanto a retirada da circulación das imaxes como a das tropas danesas e holandesas que permanecen no país.
Os manifestantes, clérigos na súa maioría, condeaban ademais a proposta iniciada polo deputado holandés Geert Wilders de estrear o seu filme sobre o Corán.
"Esiximos a retirada dos soldados holandeses e daneses de Afganistán", declarou un dos organizadores, Mawlavi Shoaib, mentres os manifestantes advertían de que "non permitirán que ninguén insulte ao Profeta e ao Corán".
Comentarios () |
|
|
|
|
|