
| Demasiados atropelos |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 09 de Marzo do 2008 | A Coruña | |||
Aínda que o concelleiro de Tráfico, Florencio Cardador, aposta pola educación vial e a sensibilización de condutores e peóns, a efectos prácticos o seu departamento ten previsto acometer de forma paulatina a iluminación de todos os pasos de cebra da cidade. Pese a que hai varios meses que Cardador mostrou o seu interese por levar a cabo esta iniciativa, non foi posible até o de agora debido a que as cuestións referentes ao alumeado público dependen da Concellaría de Infraestruturas. Unha vez salvado este obstáculo, as primeiras probas para a instalación do novo sistema arrincarán a semana que vén, segundo explicou o concelleiro. Os ensaios realizaranse na avenida do Exército e, de forma escalonada, cando se probe a súa eficacia, a actuación estenderase a aqueles pasos de peóns máis conflictivos. Polo momento, o Concello descarta a posibilidade de multar a aqueles peóns que incumpran as normas viarias, como xa se fai noutras localidades.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|