|
Os emigrantes poden quitar un escano ao BNG |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Martes, 11 de Marzo do 2008 |
Eleccións
|
|
|
| O PP necesitaría menos de 25.000 votos procedentes de emigrantes pontevedreses para arrebatarlle ao BNG o seu escano pola provincia, a única na que existe unha posibilidade de que varíe a repartición de deputados na Galiza coa inclusión dos votos procedentes dos residentes ausentes. |
Nada cambiará se se repiten entre os emigrantes os resultados de hai catro anos, cando o PP acadou en Pontevedra 17.327 apoios, polo que para lograr o escano que corresponde até o momento á nacionalista Olaia Fernández Davila terían que chegar outros 7.000 máis e que o BNG non subise os 987 votos que tivo hai catro anos.
"Aínda que a participación fose maior, é practicamente imposible que se produza", destacou o secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede, que mesmo considerou que é probable que se invirtan os resultados alcanzados por populares e socialistas en 2004, xa que o voto emigrante adoita avalar maioritariamente o partido que está no Goberno.
Fontes populares coincidiron en que o voto procedente do Censo Electoral de Residentes Ausentes non cren que cambiará a repartición de deputados, aínda que consideraron que contribuirá a elevar a porcentaxe de voto do PP máis alá do 45 por cento.
Comentarios () |
|
|
|
|
|