Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Homenaxe a mulleres destacadas do Século XX Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 11 de Marzo do 2008   |   A Coruña
mariapita O alcalde da Coruña, Javier Losada, presidiu o acto de plantación de oito árbores en homenaxe a mulleres destacadas do Século XX. O parque de San Diego da cidade herculina acolleu esta celebración que se engloba dentro das actividades organizadas polos centros cívicos para conmemorar o Día Internacional da Muller. 
As oito árbores destacan a Marguerite Duras (Vietnam, 1914-1996), escritora, novelista e directora de cinema francés, activista, colaborou coa resistencia francesa na ocupación nazi; Pilar Miró (Madrid, 1949-1997), directora, realizadora e guionista de cinema e directora Xeral de RTVE; e Diane Fossey (San Francisco 1932-Ruanda 1985), zoóloga estadounidense recoñecida polo seu labor científico e conservacionista cos gorilas en Ruanda e o Congo. O seu traballo contribuíu á recuperación da poboación de gorilas, loitou contra os cazadores furtivos. A súa vida levouse ao cinema coa película 'Gorilas na Néboa', baseada no seu libro.

A homenaxe incluíu ademais figuras como Marie Curie (Polonia, 1867-1934), científica francesa pioneira no campo da radioactividade, primeira persoa en conseguir dous premios Nobel e primeira muller en ser profesora na Universidade de París. Descubriu o polonio e o radio, apoiada polo seu marido; Benazir Bhutto (1953-2007), dirixente política paquistaní, a primeira muller que ocupou o cargo de primeiro ministro nun país musulmán. Optaba á presidencia e foi asasinada en decembro de 2007 en Paquistán; ou Indira Gandhi (India, 1917-1984), considerada unha das mulleres mais relevantes do Século XIX e a primeira muller en dirixir un goberno na India. Loitou toda a súa vida por conseguir a modernización social e económica do seu país ao participar activamente para obter a liberdade deste e dotalo dunha política independente dos bloques.

Finalmente, o Concello da Coruña plantou outras dúas árbores no Parque de San Diego en homenaxe a Marguerite Yourcenar (Bélxica, 1903-, EEUU 1987), poetisa, novelista, autora de teatro e tradutora francesa; e a Ernestina Otero Sestelo (Redondela, 1890), destacada mestra, intelectual, práctica e profesional que exerceu na Rexencia, a República, a Guerra Civil e a posguerra.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image