
| Baltar acusou ao PSOE |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 12 de Marzo do 2008 | Galiza | |||
Baltar advertiu de similitudes entre os comicios do pasado domingo e as xerais de 2004 xa que, na súa opinión, "nestas como naquelas houbo cousas raras". Aínda que dixo "non querer poñer en dúbida que o PSOE gañou as eleccións", o popular arremeteu contra as reaccións dalgúns dirixentes socialistas tralo asasinato de Isaías Carrasco e insistiu en que "algunhas cousas son para desconfiar". Así, se referiu ás declaracións da filla do ex-concelleiro socialista, Sandra Carrasco, o pasado sábado, nas que pedía que os españois votasen de forma masiva o domingo electoral. "Se me pasa iso na miña familia non pensaría nin no PP, nin no PSOE nin en nada", manifestou. Así mesmo, cargou contra a actitude do secretario xeral do Partido Socialista no País Vasco, Patxi López, durante o velorio do ex-concelleiro asasinado por ETA e coincidindo coa visita de dirixentes do PP. "Debería estar a pedir desculpas por dicir parvadas que están totalmente fose de lugar", apuntou.
"É unha vergoña se cada vez que hai un atentado se organiza un alpendre así", manifestou, e engadiu que as eleccións "hai que gañalas limpamente e non a calquera prezo". "Agora por norma tres días antes dos comicios hai un atentado", dixo, e avogou por que o electorado "teña tranquilidade para votar". "A bos entendedores, poucas palabras abondan". |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|