Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Más de 150.000 euros o custo do temporal Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 13 de Marzo do 2008   |   A Coruña
coruna_rotonda A Concellaría de Infraestruturas do Concello da Coruña calculou nuns 150.000 euros os gastos derivados dos danos ocasionados polo temporal no Paseo Marítimo da cidade herculina. 
Esteban Lareo aclarou que se trata dunha valoración inicial que non inclúe os danos referidos a iluminación pública e xardinaría. Este cálculo recolle a reposición da balaustrada do Paseo Marítimo, á altura da Avenida de Bos Aires, así como a renovación do lousado afectado polos últimos días de temporal que azoutou a costa coruñesa.

Os traballos comezarán nos próximos días, unha vez que mellore a meteoroloxía, e cando se recupere a normalidade no tramo afectado. Nestes momentos estanse a realizar labores de limpeza.

A continuación procederase coa reparación do lousado para acometer despois a reposición da balaustrada, ata 180 metros lineais, pois se actuará sobre a parte derrubada e alí onde sufriu danos a estrutura.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image