Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Un Grupo Mixto moi plural Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 13 de Marzo do 2008   |   Eleccións
bnggrupo
O deputado electo pola Coruña Francisco Jorquera confiou nos grupos parlamentarios que formarán PSOE, PP, CiU e PNV teñan en conta "a singularidade" do futuro Grupo Mixto e permitan unha formulación que, ademais de facer máis áxil o funcionamento do Congreso, reflicta o pluralismo interno

Jorquera facía esta reflexión despois de que as eleccións do pasado domingo desen como resultado un Grupo Mixto para esta IX Lexislatura conformado por 11 deputados e sete formacións políticas distintas (ERC, IU, ICV, BNG, CC, Na-Bai e UPyD).

Nestes intres a maioría dos integrantes do futuro grupo parlamentar están a intercambiar opinións sobre cal podería ser a fórmula idónea para a súa constitución.

Posteriormente, Jorquera barallou a posibilidade de ter conversas co resto de forzas con representación parlamentar para expoñerlles a necesidade de fagan unha interpretación "flexible" do Regulamento da Cámara, co fin de dar unha "resposta" ao pluralismo do Grupo Mixto.

En calquera caso, se finalmente non chegan a un acordo nin entre eles nin co resto de partidos con grupo parlamentario propio, Jorquera lembrou que "a práctica asentada" dentro do Mixto é que as diferenzas se diriman establecendo unha orde de prelaciones á hora de escoller portavocías de comisións, de establecer cotas de iniciativas lexislativas ou de repartir os tempos de intervención nos plenos.

Alguén imaxina a Rosa Díez intervindo como voceira defendendo os intereses da Galiza?

Como brincadeira non está mal, non si?

Menos mal que se repartirán os tempos, digo eu que Jorquera poderá falar máis que Rosa, dobre de deputados, dobre de minutos.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image