
| Os galegos consumen máis pan |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 13 de Marzo do 2008 | Economía | |||
Uns 8.500 establecementos da Galiza comezaron a exhibir esta semana o distintivo da campaña 'Pan cada día' co obxectivo de frear e inverter a tendencia de descenso no seu consumo das últimas décadas informando da importancia do pan nunha dieta "sa e equilibrada". A campaña, promovida polo sector do pan, quere reivindicar os beneficios para a saúde. A dieta caracterízase por unha "excesiva ingesta de proteínas e graxas en detrimento dos hidratos de carbono, que resultan insuficientes", segundo sinalaron os expertos. O pan, produto natural as materias primas do cal son auga, fariña e sal, representa, segundo incidiron os expertos, "unha fonte importante de hidratos de carbono". O seu compoñente máis abundante é o amidón, un polisacárido de glicosa que proporciona ao organismo en xeral, e ao cerebro en particular, parte da enerxía que necesita.
O pan achega vitaminas do grupo B. En concreto, a vitamina B1 ou Tiamina do pan é esencial no metabolismo glucídico de todos os tecidos, especialmente do cerebro e do corazón. Ademais, contén tamén minerais como fósforo, magnesio, calcio e potasio. Unha porción de 100 gramos de pan achega 19 miligramos de calcio, mineral encargado da formación dos ósos e dentes, e 91 miligramos de fósforo. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|