Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Pasividade da Consellaría de Educación Imprimir Correo-e
Xoves, 13 de Marzo do 2008   |   Cultura
amesa A CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) ofreceron esta mañá en Santiago unha conferencia de imprensa conxunta na que máis unha vez lle reclamaron á Consellaría de Educación que faga cumprir o Decreto 124/2007, que regula o uso e a promoción do galego no ensino, ante o “incumprimento masivo” que as tres organizacións veñen denunciando desde o comezo do curso escolar.

Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino; Carlos Callón, presidente da Mesa; e Xoán Costa, presidente da AS-PG, anunciaron que, a iniciativa da CIG, as tres organizacións se van reunir cos equipos de normalización lingüística dos centros educativos o vindeiro 1 de abril nas sete principais cidades galegas para coñecer as súas reivindicacións e proporlles asinar un modelo de escrito, aberto ás súas propostas, para presentarlle á Consellaría. Esta iniciativa, segundo o secretario nacional de CIG Ensino, Anxo Louzao, está “motivada pola constatación nas tres organizacións da total pasividade de Educación e da inspección educativa para facer cumprir o decreto”.

 

Neste documento, entre outras medidas, reclámaselle á Consellaría que arbitre as medidas necesarias para avaliar o cumprimento da lei e que se faga un labor de promoción do mesmo entre toda a comunidade educativa e, especialmente, entre o profesorado, unha tarefa, que, segundo as tres organizacións, aínda non se levou a cabo.

 

Para poder cumprir co mencionado decreto, tamén se demanda un plano de formación para os ensinantes, de xeito específico en cada materia. A creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral de Normalización Lingüística dentro da propia Consellaría de Educación, para asesorar, coordinar, promover e impulsar o emprego do noso idioma e apoiar os equipos de normalización é outra das medidas propostas polas tres organizacións.

 

A CIG-Ensino, A Mesa e a AS-PG consideran que o departamento que dirixe Laura Sánchez Piñón ten que pór ao dispor dos equipos e dos centros todos os recursos e materiais didácticos necesarios en galego para todas as áreas. Así mesmo, demandan que a inspección educativa realice un seguimento da aplicación do decreto, así como o apoio e asesoramento para cantas iniciativas de galeguización e normalización se realicen.

 

Segundo Xoán Costa, “o máis grave é que teñan que ser entidades privadas as que reclaman que se cumpra a lei, cando a Consellaría ten a responsabilidade de velar polo decreto que eles mesmos promoveron”.

 

O presidente da Mesa, Carlos Callón, subliñou a importancia do cumprimento da lei recordando que “un de cada cinco alumnos que rematan a ESO é analfabeto funcional en galego, cando hai que garantir que saian desa etapa coas mesmas competencias en galego e en castelán”. Xoán Costa, pola súa parte, asegurou que “nun colectivo tan amplo como é o do ensino pode haber reticencias a esta nova lei, mais o pouco que se fixo até o de agora foi pola vontade do propio profesorado”, polo que considera que “a responsabilidade é da Consellaría”.

 

Neste mesmo senso se manifestou Anxo Louzao quen asegurou que “tan só unha minoría do profesorado ten unha postura de insubmisión ante o galego, mais a meirande parte dos incumprimentos veñen de profesores cunha postura máis ben pasiva e da falta de materiais, por iso é preciso que a Consellaría poña mecanismos para que se efectivice o decreto, dándoo a coñecer, explicando o seu significado e a súa aplicación”.

 

O presidente da Mesa, Carlos Callón, recordou que catorce entidades e colectivos, entre os que se atopan os sindicatos que representan o 90 por cento do profesorado galego, ademais de asociacións de nais e pais e de estudantes, asinaron un manifesto no que se reclama a aplicación do decreto.

 

Callón anunciou así mesmo que no mes de maio a asociación que preside vai presentar un informe con todas as queixas de incumprimento chegadas á Mesa, que teñen a súa orixe tanto en centros privados e concertados como públicos, sen haber grandes diferenzas tampouco entre as zonas rurais e as urbanas.

 

Xa o pasado 20 de febreiro o propio Callón entregou no rexistro da Consellaría un documento no que se recollen os cincuenta casos máis graves de incumprimento dos cales A Mesa tivo constancia, moitos dos cales “seguen sen solucionarse”. O presidente da Mesa recordou que “hai centros nos que nin sequera a materia de galego se imparte nesta lingua”. “Do que se trata”, sinalou o presidente da Mesa, “é de garantir o dereito a unha educación de calidade”.

 

Comentarios (2)add
1
LOIS DE SILÁN
O decreto do galego foi papel propaganda desde o principio. Algúns quixeron darlle valor para agora queixárense como xeito de xustificaren a súa actuación desnortada.

A violación dos dereitos lingüísticos na Galiza évos masiva en todos os eidos, ... tampouco vos ten maior relevancia centrarse no ensino mentres se esquecen do resto do universo dos usos lingüísticos.

A Mesa contenta, a CIG contenta, a AS-PG contenta de denunciaren o que todos sabemos; mais, abonda a denuncia ou corresponde facer algo distinto?

Coido que o problema segue sen ser ben formulado!


Marzo 13, 2008

2
REIBRULL
Penso que o Bloque non deveria "tragar" con isto... porque si o fai vai perder a miña confianza neles, e a miña fe en que algún día en Galiza se fale galego.
Nunca seremos un pais, nazon, ... se non defendemos con dignidade e honra o noso idioma que cada día encamiñase a idea de Galiza que ten Paco Vazquez.. un residuo dialectal de España... que o galego so o falan os labregos e os mariñeiros "o dialecto do castelan que falan os das clases baixas".

Galiza ten que mudar de pel dende dentro.. non só mudar de nome. Que o bloque non perda esta batallla porque se non estamos perdidos... marchar pra brazil ou portugal..

Marzo 14, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image