Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A PSOE e PP quérenos por igual nos cemiterios? Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 14 de Marzo do 2008   |   Eleccións
urna O PSOE impúxose co 61,5 por cento de sufraxios validos dos residentes ausentes que votan por algunha das catro provincias galegas, mais esta vitoria, con 27.972 papeletas de diferenza con respecto ao PP, non lle serviu para variar a repartición de escanos ao Congreso. 
Os socialistas obtiveron un total de 66.436 votos, os populares 38.489 -o 35,62 por cento- e o BNG 3.106 -o 2,8 por cento-, o que implica que o partido no Goberno volveu gañar na emigración. Hai catro anos foron os conservadores os vencedores, cun 58,61 por cento de respaldo, fronte ao 33,51 por cento dos seus rivais.

Os populares seguen sendo a forza maioritaria na comunidade, con 809.253 sufraxios, mais os socialistas reducen a súa distancia a menos de 60.000 papeletas. Pola súa banda, o BNG, que se fixo con 3.106 da emigración, foi elixido por 212.151 electores, uns 3.000 máis que en 2004

O 39,66% dos emigrantes galegos inscritos no Censo de Residentes Ausentes (CERA), 128.684, exerceu o seu dereito ao voto nestas eleccións, mentres que en 2004 votou case o 31% deste colectivo, segundo os datos pechados de Correos.

Os socialistas superaron aos populares nas catro provincias galegas e lograron o incremento máis espectacular en Lugo, onde medraron máis do 100%. Nesta provincia, obtiveron 10.332 votos, polos 4.693 dos populares e os 361 da formación frentista.

En Pontevedra, o PSOE tivo 19.174 papeletas, fronte aos 11.235 do PP e os 787 do BNG; mentres que en Ourense, se repetiu a mesma orde, cun total de 11.942 votos, uns 2.700 máis que o PP, que quedou en 9.235. Pola súa banda, o apoio dos residentes ausentes ao BNG limitouse a un total de 738 papeletas.

Tamén na Coruña os socialistas foron os máis avalados, con 25.012 sufraxios, o 60,29 por cento, case o doblre que os 13.326 do PP e moi por riba dos 1.223 do Bloque.

Pola contra, o BNG interpretou os datos como unha demostración de que o partido que goberna fai "unha utilización partidaria" dos emigrantes e xulgou que se trata dun "escándalo antidemocrático".

Ademais, denunciaron que o censo segue sen depurar e o ilustraron con varios exemplos de persoas falecidas das que recibiron a súa papeleta. Así, explicaron que os familiares destas persoas envían o sobre co voto e cunha anotación na que sinalan a data de defunción. En Lugo rexistráronse polo menos seis casos e o Bloque sospeita que son moitos máis, porque cren que outras familias non indican que o votante está falecido.

Votos de vivos, votos de mortos... tanto ten! Acaso non son residentes ausentes?

Alguén determinou o nicho como lugar de residencia na diáspora? Os mortos, lonxe están, non si?

Polo demais, sorpresa non é que o voto emigrante sexa, de xeito maioritario, para o partido que está no goberno... e que voten os mortos tampuco é novidade, ou si?

A cousa estaba en ver quen ten máis fieis no cemiterio, se o PSOE ou o PP.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
Seg. >

Image