
| Fomentar o uso de nomes e apelidos en galego |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 16 de Marzo do 2008 | Cultura | |||
Segundo recordou Lobeira, o pasado mes de abril o Parlamento autonómico aprobou unha proposición non de lei relativa a esta cuestión, que incluía a "adopción de medidas para a posta en marcha dunha campaña de sensibilización social de popularización dos nomes en galego e a recuperación de apelidos". O voceiro nacionalista xustificou a necesidade destas medidas, moi pouco desarrolladas polo momento, sinalando que, segundo datos do INE, Galiza é a comunidade do estado que menos emprega os nomes na súa lingua propia.
Lobeira lamentou que, segundo o Instituto da Lingua da USC, unha "parte moi importante" da onomástica galega "está a punto de desaparecer se non se toma ningunha medida para remedialo". |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|