
| 42.000 visitantes na 'Xuventude Galiza Net' |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 17 de Marzo do 2008 | Comunicación | |||
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, destacou a integración de persoas minusválidas, en colaboración coa Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), e polas experiencias e coñecementos de informática que mozos e persoas maiores intercambiaron durante estes días e que resultou "altamente positivo". Por outra banda, incidiu en que a lingua, a cultura e o patrimonio galego tiveron un lugar destacado dentro dos contidos do evento e celebrou que moitos mozos iniciaron os seus primeiros contactos laborais con empresas galegas do sector que estiveron representadas nos stands do congreso. O gañador do concurso á mellor páxina web foi Miguel Puig, quen recibiu premios por valor de máis de 300 euros; ao igual que o gañador na categoría de gráficos 2D, Manuel Martín. Na categoría de videos XGN a gañadora foi Sheila Aldariz, quen recibiu premios por valor de máis de 500 euros.
Referido aos xogos por equipos, os gañadores do 'Counter Strike' premios cun custo total de máis de 6.000 euros. O grupo que se clasificou primeiro no 'Starcraft' recibiu premios cun valor de máis de 2.000 euros. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|