|
O Tíbet está sufrindo un 'xenocidio cultural' |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 17 de Marzo do 2008 |
Internacional
|
 |
O Dalai Lama, líder espiritual do Tíbet, asegurou que esa rexión está sufrindo 'algunha clase de xenocidio cultural' e que as autoridades chinesas pretenden acadar a paz mediante o uso da forza. |
Nunha rolda de prensa televisada desde Dharamsala, a cidade india septentrional que acolle ao Goberno tibetano no exilio, o Dalai Lama dixo que dunha forma 'intencionada ou non intencionada, algunha clase de xenocidio cultural está tendo lugar' no Tíbet.
Así mesmo, asegurou que as súas reivindicacións non cambiaron polos últimos acontecementos e que segue pedindo 'autonomía, non independencia'. O líder espiritual tamén pediu a axuda da comunidade internacional a quen atribuíu unha responsabilidade de carácter moral na causa tibetana.
Na súa primeira comparecencia pública tralos disturbios do pasado venres en Lhasa, a capital tibetana. Fontes oficiais chinesas sinalan que nestes disturbios pereceron '10 civís mortos e 12 policías gravemente feridos'. O exilio tibetano cifra en polo menos 30 os mortos e precisa que recibiu informacións segundo as que este número podería chegar ao centenar.
O máximo líder tibetano denunciou as trabas e restricións que, ao seu xuízo, as autoridades chinesas impoñen ao desenvolvemento da educación e á formación nos mosteiros tibetanos e alertou do risco de desaparición ao que se enfronta o patrimonio cultural do Tíbet.
E de seguir así o que está a denominar xenocidio cultural converterase no xenocidio dun pobo. Isto hai que paralo xa!
Comentarios () |
|
|
|
|
|