Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Veciños contra o realoxo de xitanos Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 18 de Marzo do 2008   |
mariapita Máis de 300 veciños de Novo Mesoiro cortaron o tráfico na avenida de Lavedra á altura do hipermercado Carrefour, para protestar contra o realoxo de 22 familias de etnia xitana en pisos do seu barrioO corte, que durou unha hora, provocou fortes retencións de varios quilómetros nunha zona de forte tránsito a última hora da tarde.
A pesar de que dende o concello reiteran que os rumores de realoxo son falsos, estes veciños do barrio teñen a "certeza" de que se pretende realoxar 22 familias de etnia xitana de Penamoa en pisos situados en rúas do seu barrio, un feito ao que se negan "rotundamente".

Con motivo da construción da Terceira Ronda da Coruña, que pasa por riba dos terreos nos que se sitúan as choupanas de Penamoa, o concello deberá realoxar os seus habitantes censados en vivendas de promoción pública da cidade antes de que remate o ano. Dáse o caso de que na Coruña só existen vivendas libres destas características nesta zona, ademais de no barrio dos Rosales, que tamén se opón ao realoxo.

Os veciños de Novo Mesoiro aseguran ver listaxes da Consellaría de Vivienda nas que aparecían nomes e apelidos de veciños de Penamoa como adxudicatarios de vivendas no seu barrio e no de Eiris. Ante esta cuestión, o pasado venres decidiron manifestarse e cortar o tráfico para mostrar o seu rexeitamento á decisión.

Os veciños pediron xa permiso á subdelegación do Goberno da Coruña para manifestarse hoxe ás 20.00 horas dende a praza de Ourense até a de María Pita, e o próximo 25 de marzo dende a praza da Palloza tamén até María Pita.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (1)add
1
Fran
Seguen as protestas

24 de Marzo do 2008 - 04:33

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image