Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Aforrar un 80% da enerxía que consumen os semáforos Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 18 de Marzo do 2008   |   Economía
pontevedra O concello de Pontevedra substituirá 1.125 ópticas incandescentes ou halóxenas dos semáforos instalados no municipio por outras lámpadas de tecnoloxía LED, que permitirán reducir o consumo en torno a un 80 por cento
Até agora, o modelo máis común de semáforo, de tres luces de 200 milímetros e dous máis destinados á sinalización para os peóns, viña consumindo unha media de 1,230 kilowatios ao ano de electricidade.

Esta medida será posible mediante un acordo co Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria. Pontevedra é unha das 600 localidades españolas que se suman a esta iniciativa, para a que o Goberno dispuxo unha dotación presupostaria de 20 millóns de euros en axudas.

O sistema de díodos tamén redunda nunha maior seguridade para o tráfico, tanto pola maior fiabilidade e durabilidade coma pola mellor iluminación percibida polo ollo humano, xa que os múltiples puntos de luz minimizan o fundido absoluto, engade o instituto enerxético.

No entanto, esta tecnoloxía ten un custo de substitución elevado en comparación co sistema tradicional de lámpadas incandescentes. Aínda así, a inversión amortízase en prazos inferiores aos oito anos, segundo o IDAE.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image