Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A Semana Santa ferrolá sen galego Imprimir Correo-e
Martes, 18 de Marzo do 2008   |   Cultura
ferrolsemanasantamedios Un ano máis, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou, no transcurso dunha conferencia de imprensa celebrada na Galería Sargadelos de Ferrol, a total ausencia da lingua galega en todas as actividades vinculadas coa Semana Santa desta cidade, declarada de Interese Turístico e das máis significativas de cantas se celebran nas vilas e cidades galegas.
 

Segundo puido constatar o colectivo comarcal da Mesa de Ferrol, nin a publicidade editada para difundir as diferentes procesións e oficios litúrxicos que terán lugar nos próximos días por toda a cidade departamental nin a cartelaría incorporaron nesta nova edición a lingua galega, malia vírselle reclamando desde hai tres anos tanto a cada unha das confrarías como á Coordenadora que as agrupa a todas elas mediante o envío masivo de cartas. Outro tanto se puido comprobar xa nas procesións celebradas no día de onte, Domingo de Ramos, canto a oracións e cánticos. 

 

O Responsábel da Mesa na Zona de Ferrol, Carlos Outeiro, acompañado na conferencia polo coordenador de Zonas da Mesa, Fran Rei, lembrou que “a obstinación das confrarías na exclusión do galego carece de calquera sentido” e que Ferrol é “unha cidade galega”, polo que o lóxico é que a súa Semana Santa “sexa reflexo da súa identidade cultural e lingüística” e non unicamente “dun sector cidadán conscientemente instalado no castelán”.

 

Outeiro lembrou que a Coordenadora de Confrarías de Ferrol “recibe diñeiros públicos” como apoio ás súas actividades e á edición de materiais de difusión e que “eses cartos non deberan servir para excluír a lingua dunha parte das ferrolás e ferroláns: o galego”. O Responsábel de Zona da Mesa fixo referencia ao novo convenio subscrito nos pasados días entre o Concello e a Coordenadora, “polo cal se duplica a aportación económica municipal ás celebracións da Semana Santa”, segundo sinalaron publicamente os asinantes.

 

Dito convenio de colaboración levou A Mesa a lembrar “que o Concello de Ferrol ten aprobada desde hai anos unha ordenanza municipal de usos do galego” e, asemade, “un acordo plenario de 1996, sen ningún voto en contra, para condicionar calquera axuda económica e convenio de colaboración participado polo Concello ao uso normalizado da lingua galega”; ordenanza e acordo plenario “cuxo cumprimento debe garantirse”, sinalaron desde a organización cidadá.

 

A Mesa de Ferrol anunciou a este respecto que vén de solicitar un encontro co alcalde da cidade, Vicente Irisarri, para tentar “a activa implicación do concello no proceso de incorporación do uso do galego ás celebracións de Semana Santa, así como a toda a súa publicidade, a partir do ano que vén”.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image