
| O Pazo de Meirás máis perto de ser 'Ben de Interese Cultural' |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 18 de Marzo do 2008 | Cultura | |||
A conselleira subliñou que facer a inspección é "imprescindible" para lograr a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) do pazo, "pero ademais é un deber toda vez que xa forma parte do inventario do patrimonio cultural da Galiza", recordou. Por iso, mostrouse moi satisfeita con este auto porque "permite" a Cultura facer o seu traballo e que os técnicos poidan entrar no Pazo para facer o inventario dos seus bens. Este é o segundo auto favorable á inspección deste ben patrimonial despois de que en outubro o propio TSXG lle denegase a suspensión preventiva solicitada pola familia no contencioso-administrativo interposto contra a inspección do pazo o 29 de agosto, o día anterior da data fixada pola consellería para realizar a visita. A comezos de setembro a consellería iniciou un camiño dobre: por unha parte solicitou formalmente o amparo da Xustiza para que o seu persoal técnico puidese acceder ao pazo de Meirás, solicitude que acaba de ser aprobada con esta resolución; e por a outra, iniciou un expediente sancionador aos propietarios por impedirlle a entrada, baseándose no artigo 90.b) da Lei de Patrimonio Cultural de 1995 que di que constitúe infracción leve "a obstrución da capacidade de inspeccionar que ten a Administración sobre os bens do Patrimonio Cultural da Galiza", xa que o citado pazo é un ben inventariado. A resolución é susceptible de recurso de súplica por parte da familia Franco Polo no prazo de cinco días.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|