Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Liberado o empresario galego Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 19 de Marzo do 2008   |   Internacional
venezuela Jesús Ovidio Domínguez Bentín, de 68 anos de idade e nado na localidade coruñesa de Muxía, foi liberado en "boas" condicións de saúde, logo de permanecer secuestrado en Caracas desde o pasado 3 de marzo. A súa irmá Maruja Domínguez Bentín explicou que se atopa ben, mais que estivo todos estes días nun lugar escuro e tomando só líquido, polo que está moi delgado.
A irmá confirmou que debido á intermediación da embaixada "non foi necesario pagar o rescate", que ascendía até os 700 millóns de bolívares, uns 200.000 euros, a cambio da liberación do empresario galego.

Así mesmo, Domínguez sinalou que o seu irmán lle dixera que, unha vez estea recuperado, aproveitará para facer unha viaxe a Galiza para visitar toda a súa familia, xa que, a última vez que visitou Muxía foi hai 12 anos.

Este incidente súmase á vaga de secuestros que se produciron en 2007, cando raptaron catro empresarios galegos, tres en Venezuela e un en Arxentina, todos liberados; ademais do asasinato o luns da semana pasada de Manuel Besteiro, tras ser tiroteado e asaltado por dous homes á entrada do seu negocio de materiais de construción en Marcacuay (Caracas).

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image