 |
O ex-presidente do Goberno español, José María Aznar, considera que en Iraq, sen dúbida, "actuaría de igual modo. Aínda que foi un momento difícil para min, a miña convicción, a miña conciencia e a miña mente están claras". Aznar, quen asegura que "se tomou a decisión correcta", considera que a situación actual de Iraq sen ser idílica, "é moi boa". |
En declaracións en "inglés" a Radio 4 da BBC con motivo do aniversario da invasión do país árabe, dixo que a situación para os iraquíes é "menos difícil que na época de Sadam Husein".
Debe ser tendo en conta que cando xa estás morto non tes máis dificuldades.
"A xente pode participar en eleccións, falar libremente. Hai liberdade no país e existe a posibilidade de establecer unha democracia", sinalou Aznar quen agregou que "o mundo está mellor sen Sadam Husein e sen os talibanes".
E de seguro estaría moito mellor sen o trío das Azores.
Sobre a reunión das Azores, na que o presidente de EEUU, George W. Bush, o entón primeiro ministro británico, Tony Blair, e el mesmo decidiron atacar a Iraq, Aznar explicou que foi unha reunión "curta e tranquila". "Estabamos convencidos de que nos asistía a razón e de que actuabamos ademais en interese de moita xente", asegurou.
É de auténtica vergoña, indecencia, amoralidade... Se non for porque lle gusta darlle á botella.... esas declaracións eran para empregar como proba nun xuízo por criminal.
Se estaba "lúcido", que non lucido, e moito me temo que si, o único que mostra é a ruindade e baixa catadura moral que ten, un asasino de milleiros de persoas por un petróleo manchado de sangue e un servilismo sen precedentes.
En interese de quen se supón que actuaron?
Comentarios () |
|
|
|
|
|