 |
A canción elixida para representar a España no festival de Eurovisión 2008, 'Chiki Chiki' de Chikilicuatre, foi modificada logo da súa elección, o que supón unha grave irregularidade. |
Que nos parecería que logo de celebradas as eleccións do 9 de marzo, o PSOE cambiase de candidato á presidencia do estado, e puxera por exemplo a Bono no canto de Zapatero? A min pareceríame mal e ademais dubido que Bono chegase aos once millóns de votantes. Deberíanse repetir as eleccións con Bono como candidato oficial do PSOE á presidencia do goberno do estado.
Pois o mesmo ocorre coa canción de Chikilicuatre, a canción retocada pode ser mellor ou peor, polo que debería de repetirse o proceso de selección. Baixo o meu punto de vista, os cambios na canción a empeoran, sobretodo porque unha parte é agora en inglés, que mentres Rajoy (JR) non sexa presidente non é ningún dos idiomas oficiais de España.
Aos responsables destes cambios (TVE, ...) dicirlles primeiro que repitan o concurso, despois recordarlles que temos outras linguas oficiais, como o galego, e que o inglés non representa a ningunha autonomía do estado español.
Cantar en inglés non dá votos, o que dá moitos votos é ter paises próximos xeograficamente no festival ademais de amiguiños por política.
Por certo, a última galega que participou no festival o fixo por Bélxica quedando nun extraordinario segundo posto.
Falar de eurovisión, e dunha canción soez e mediocre, vén ben para tapar outras realidades? ou serve para decatarnos do servilismo até o que están chegando os españois de lingua cervantina?
Por certo, Cervantes non era galego?
Comentarios () |
|
|
|
|
|