Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A invasión de Iraq foi unha "vitoria estratéxica" Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 20 de Marzo do 2008   |   Internacional
bushblair

O presidente de EEUU, George W. Bush, asegurou aos estadounidenses que a intervención militar en Iraq abriu a porta a unha importante vitoria estratéxica contra o terrorismo. 

Bush tamén admitiu durante unha cerimonia no Departamento de Defensa que o conflito tivo un alto custo para Estados Unidos.

O presidente Bush reiterou que non ten dúbidas de que o seu Goberno tomou a medida adecuada ao intervir militarmente en Iraq.

"A miña administración entendeu que EEUU non podía retroceder ante o terrorismo. Sabiamos que se non actuabamos, a violencia que consumía a Iraq tería empeorado, propagouse e, en última instancia, chegaría ao nível de xenocidio", afirmou Bush.

O nível de xenocidio poderíase dicir que o ten xa máis que acadado. Máis dun millón de mortos e catro millóns de desprazados, terror e perda de calquera tipo de liberdade, que son?

Señor Bush, esa é a súa obra. Contémplea!

Todo por ter unha super-base e controlar un petróleo tinxido de sangue. Pode haber algo máis desprezable?

Ao referirse ao aumento de tropas decidido o ano pasado Bush afirmou que este abriu "a porta a unha importante vitoria estratéxica na loita contra o terrorismo".

 

Desde que comezou o conflito hai cinco anos morreron case 4.000 soldados estadounidenses e o custo da guerra para o erario estadounidense foi duns 500.000 millóns de dólares.

 

 

Segundo o presidente de EEUU, os éxitos militares en Iraq son "indesmentibles". Con todo, "aínda hai algúns en Washington que piden unha retirada. Os críticos da guerra xa non poden argumentar de xeito críble que estamos perdendo en Iraq. Por iso é que agora alegan que a guerra custa demasiado", engadiu Bush.

Non hai conciencia logo, que dicir?

 

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image