Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Desabrochou a primavera Imprimir Correo-e
Adela Figueroa   |   Xoves, 20 de Marzo do 2008   |   Sinaturas - Adela Figueroa
adela Nesta data non poido menos de lembrar o horror desatado hai 5 anos polo maior terrorista, a nivel mundial, na actualidade: O Sr presidente dos Estados Unidos, George Bush.
Naquela data, impresionada polo que parecia unha crueldade sen límites compuxen esa poesia, que foi publicada en Edicions do Castro non libro 'Vento de Amor ao Mar'.

Na miña poesia intento expresar os meus sentimentos, que infelizmente para as mulheres e homes do Irak, ainda están en vigor.

O noso agradecemento a Isaac Diaz Pardo, mantendo a Editorial que fai de altoparlante ás voces minorizadas, polo seu contributo á Paz e a xustiza cós mais humildes nunca será abondo.

 

DESABROCHOU A PRIMAVERA

Desabrochou a primavera

No seu día,

Pontual;

Mais a semana quebrou

E o tempo partiu

en dous:

A lua guía as bombas

E a luz ilumina

A noite de Bagdag.

A noite,

O escuro.

 

No nome de Deus

uns matan

outros morren

Polo estoupar de bombas intelixentes

Quen devolverá o riso dos nenos ?

Quen lhes devolverá o tempo

E a vida,

A Shafiya,

A Ahmed

Que xogaban no patio?

A John,

A Charlie?:

O seu avión caiu.

 

Os dólares non poden

Dar vida.

Só valen para comprar

Tanques, canhons,

Bombas de precision,

Bombas intelixentes:

O PODER.

 

Do libro Vento de Amor ao Mar

Escrito no dia da invasión do Irake polos EEUU. O mesmo dia que naceu a primavera, nun xoves , en medio da semana.

 

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA.
 

Image