Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Poemas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 22 de Marzo do 2008   |   Cultura
libros Faktoría K presenta unha nova iniciativa editorial, 'Trece Lúas', que consiste na edición de dúas seleccións poéticas de Rosalía de Castro e Celso Emilio Ferreiro con ilustracións de Belén Padrón e Baldo Ramos, respectivamente, con motivo do Día Mundial da Poesía. 

Os libros, que conteñen 13 poemas cada un, contan con páxinas despregables que crean unha "poesía visual" para ler "pausadamente" e para "contemplar pracidamente" sobre un atril, "deixando que os versos e as imaxes das Trece Lúas inunden o espírito do lector", segundo explicou a editorial.

A presentación destas seleccións terá lugar o próximo martes, día 25, en Libraría Couceiro de Santiago. No acto tamén estarán presentes a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar; o crítico literario e especialista na obra de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolás, e o artista Baldo Ramos.

En canto ás ilustracións, Belén Padrón dá "forma e cor" a cada poema de Rosalía de Castro, á vez que plasma a súa propia visión do imaxinario 'rosaliniano'. Deste xeito, preséntanse ante o lector-espectador imaxes de contido onírico e simbólico sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida dos galegos, as inxustizas sociais, a saudade e o desasosego interior.

Por outra parte, Baldo Ramos, natural de Celanova ao igual que Celso Emilio Ferreiro, presenta unha sucesión de imaxes de estilo surrealista e con formato caligráfico, xunto cunha mestura cromática na que contrastan negro, branco, vermello, amarelo, lila e granate para ilustrar os poemas do escritor.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image