Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Manifestación Nacional pola Lingua Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (3 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Luns, 24 de Marzo do 2008   |   Galiza
bandeira2 A Mesa pola Normalización Lingüística convocou hoxe a toda a cidadanía a acudir o vindeiro 18 de maio a unha manifestación "polo dereito a vivir en galego", que se celebrará con motivo do Día das Letras Galegas, co obxectivo de dar "un baño de realidade" sobre a situación da lingua propia. 

En rolda de prensa, membros da Mesa co seu presidente á cabeza, Carlos Callón, animaron aos "mozos e a toda a sociedade" a manifestarse pola defensa do galego, "mesmo aos que non o falen de forma habitual pero que o sintan como propio" e, en definitiva, "a todos os que opinen que a lingua é un dereito".

Precisamente, a asociación en defensa da lingua acudirá o domingo 18 de maio, un día despois da celebración oficial do Día das Letras, a esta mobilización baixo o lema 'Polo dereito a vivir en galego', un lema que se concebiu "en positivo".

Carlos Callón explicou que, como é habitual, a marcha sairá ás 12.00 horas da Alameda santiaguesa e finalizará coa lectura dun manifesto, que será aprobado en asemblea xeral o próximo sábado día 29 de marzo, na que están representados os máis de 3.000 socios da Mesa.

"ÚNICA LINGUA PROPIA".

Deste xeito, fixou en tres os obxectivos da manifestación de maio, que resumiu en "facer cumprir aos políticos as leis lingüísticas, esixir as garantías para vivir en galego en cada ámbito e reivindicar que o galego é a única lingua propia da Galiza, como recolle o Estatuto de Autonomía".

Callón dixo que agardaba "superar" as cifras de asistencia de anteriores convocatorias, para o que A Mesa buscará a colaboración e o apoio dos concellos, para que "estea representada a maior parte da cidadanía". Neste senso, asegurou que os socios da Mesa comezarán unha campaña de promoción desta manifestación e que se porán en contacto coas entidades locais para que aproben iniciativas a favor do galego nos plenos municipais.

"De nós depende que o galego teña futuro", afirmou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e reiterou que "o galego é a única lingua natural da Galiza e que a maioría a senten como propia, mesmo os que non a falan de forma cotiá".

Por outra parte, en referencia ás críticas dalgunhas asociacións polo que chaman "imposición do galego", Carlos Callón retou a "vivir 24 horas en galego, en ámbitos como a administración xudicial, os servizos eléctricos...". Así mesmo, considerou "grave" o discurso do PP e acusouno de "romper consensos" que apoiou no Parlamento e que "promove" noutras comunidades autónomas onde goberna, como en Baleares e Comunidad Valenciana.

Referiuse tamén ao uso do galego nos medios de comunicación e pediu "máis control" nos entes privados á hora de cumprir coas subvencións que outorga a Xunta.

Completamenta de acordo, mais que sexa unha única manifestación en Santiago non acreditamos que sexa o xeito de acrescentar o número de manifestantes, mais quen sabe!

De todos xeitos, se a manifestación é en Santiago, pois todos a Santiago.

Pola nosa lingua, polos nosos dereitos, Mobilización.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (2)add
1
Fran
Mobilización xa!!!
Viva Galiza!!!

25 de Marzo do 2008 - 03:04

2
LOIS DE SILÁN
O dereito a vivirmos en galego na Galiza xa vos está recoñecido no ordenamento xurídico vixente e aplicábel!

Outra cousa évos que tal dereito non se respecte, non se faga respectar por quen teñen a función de xulgar e executar o que xulgan TAMÉN! en materia de dereitos e obrigas lingüísticas.

Con todo, o da manifestación, se é masiva!, entendo que non estorba o obxectivo do respecto do dereito a vivirmos en galego na Galiza como en castelán se vive en Castela.

Cabe, por outra banda, salientar tanto a lexitimidade da Mesa para convocar esa manifestación coma a súa notoria falta de auctoritas ó respecto.

A Mesa, espero que inconscientemente!, estavos a ser un eficaz elemento galegoexterminador coa súa política de "defensa" da lingua propia da Galiza: sectorización dos seus usos, voluntariedade no seu uso, mínimos de cooficialidade co castelán, ..., convocatoria unilateral!


25 de Marzo do 2008 - 22:57

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image