Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Menos ocupación hoteleira na Semana Santa Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 24 de Marzo do 2008   |   Sociedade
ribadeo_2 A media de ocupación dos establecementos hoteleiros da Galiza foi dun 67,2% durante a Semana Santa, case oito puntos por baixo da rexistrada en 2007 -un 75 por cento-, segundo datos da Confederación de Empresarios de Hostalaría da Galiza. 
Por provincias, a que maior taxa obtivo foi a da Coruña cun 81,51 por cento; seguida por Ourense, cun 69 por cento; Lugo, cun 60,8 por cento; e Pontevedra, cun 60 por cento de media.

En canto ás cidades, a que máis afluencia rexistrou foi Ferrol, con taxas de entre o 95 e o 100 por cento de ocupación; seguida de Santiago, situada no 78,71 por cento; e A Coruña, cun 68,34 por cento.

O concelleiro de Comercio e Turismo de Vigo, Santiago Domínguez, cifrou a ocupación hoteleira nun 60 ou 65 por cento e, ao respecto, considerou que "non foi un mal dato, pero tampouco foi o desexado, posto que o normal sería unha ocupación do 75 ou 80 por cento". Pola contra, a concelleira de Cultura de Lugo, Concepción Burgo, mostrouse "moi satisfeita de que se confirme unha tendencia de crecemento turístico" na cidade cunha estimación da Asociación de Hostaleiros de Lugo dun 71 por cento de media.

Como causas do descenso da cidade pontevedresa, o presidente da Asociación de Hostaleiros de Vigo, Santiago Villanueva, aludiu á "influencia das previsións meteorolóxicas, que sempre prexudican a Vigo a pesar de que a cidade olívica non rexistra tan mal tempo como outras cidades galegas". "E tamén influíu a recesión económica e o feito de que a Semana Santa coincidiu en datas moi próximas ao Nadal e ás rebaixas", lamentou.

TURISMO RURAL

O presidente da Asociación Galega de Turismo Rural, Luciano Sánchez, apuntou que a ocupación neste tipo de establecementos durante a Semana Santa roldou o 80 por cento de media, "un cinco por cento menos que o ano pasado".

Ademais, explicou que a Costa da Morte (A Coruña), a zona norte de Lugo, a Mariña lucense, a Ribeira Sacra (Lugo-Ourense) e Santiago e a súa área obtiveron, neste ámbito, niveis próximos ao 100 por cento. No entanto, as Rías Baixas (A Coruña-Pontevedra) "fixeron descender" esta taxa.

TURISMO TERMAL

O turismo termal en Galicia tamén rexistrou altas taxas, 90 por cento, de ocupación durante o período vacacional, segundo revelou a Asociación Balnearios de Galicia.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image