
| Non confían no Concello |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 25 de Marzo do 2008 | A Coruña | |||
O conflito comezou hai dúas semanas, cando os veciños de Novo Mesoiro aseguraron ter visto actas da Consellaría de Vivenda nas que figuraba a adxudicación de pisos de vivenda de protección pública situados en Mesoiro a familias xitanas do poboado de Penamoa, un feito ao que se opoñen "radicalmente". Este "rumor", levou a arredor de 300 veciños a manifestarse de xeito practicamente diario e a provocar cortes de tráfico de até 60 minutos de duración en hora punta nos principais accesos á cidade, así como na zona centro. Os veciños aseguran "non ser racistas" e xustifican a súa oposición asegurando que a chegada dos habitantes de Penamoa suporía a creación de focos de droga e a presenza de drogadictos que acudirían ao barrio a comprar as devanditas substancias. De momento, continuarán co seu calendario de mobilizacións, segundo o que se manifestarán mañá martes desde a praza da Palloza até María Pita, a partir das 20.00 horas.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|