Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
As ameazas de Feijóo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 25 de Marzo do 2008   |   Galiza
feijoo7
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, advertiu de que "non esquecerá nunca que rompeu o consenso parlamentario dos últimos 25 anos" se PSdeG e BNG manteñen o seu acordo de repartir os senadores por designación autonómica entre as tres forzas políticas e condicionou futuros consensos na comunidade galega. O Parlamento da Galiza elixirá hoxe os senadores por designación autonómica nun pleno extraordinario.

"Se o Goberno non quere consensos senón cercenar os dereitos democráticos, é evidente que este goberno quere cercenar as posibilidades de acordos e de consensos para solucionar os problemas dos galegos", alertou Núñez Feijóo.

Feijóo dirixiuse directamente aos líderes do PSdeG e do BNG, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, para que "volvan á canle do consenso" e destacou até en cinco ocasións que o sistema que defenden os populares para a repartición dos senadores, a Lei D'Hont, é "o mesmo" que outorgou a socialistas e nacionalistas 38 deputados e, polo tanto, o Goberno da Xunta de Galiza.

"Non se pode utilizar unha lei só cando a un lle beneficia", denunciou o líder do PPdeG, e en concreto, destacou a "enorme reponsabilidade" de Pérez Touriño a quen pediu que "exerza de presidente da Xunta" e "dea instrucións ao seu grupo parlamentar para volver ao consenso de 25 anos de democracia".

"Dise, coméntase, especúlase que os nacionalistas galegos van ser chamados a dialogar con Rodríguez Zapatero e, por iso, sería razoable que, se Quintana vai ter tanta responsabilidade no Goberno, o PSOE lle preste un senador", aseverou.

Feijóo advertiu de que o PPdeG non renunciará a lograr o segundo escano na Cámara Alta e, nesta liña, non descartou ningunha das opcións anunciadas en días anteriores, como a vía xudicial ou a posibilidade de dividir o Grupo Parlamentario Popular en dous para facerse co segundo senador.

O voceiro socialista no Parlamento galego, Ismael Rego, cualificou de "vergoña" e de "irresponsable" o comportamento de Núñez Feijóo neste asunto que, na súa opinión, demostra que "lle queda demasiado grande a xestión da confianza que os galegos lle deron a Fraga nas pasadas eleccións autonómicas".

Tamén o voceiro do BNG na Cámara galega, Carlos Aymerich, considerou unha "irresponsabilidade" a actitude dos populares. "Teñen que aprender a perder e asumir o resultado electoral", apuntou. Ademais, criticou que o PP ameace con condicionar futuros consensos a que non se consume o acordo dos socios da Xunta, entre eles, a reforma do voto emigrante, o traspaso das competencias de tráfico, ou o novo sistema de financiamento das comunidades autónomas.

Comentarios (2)add
1
Fran
O PP, sempre igual, non asume o resultado electoral.

Marzo 25, 2008

2
Eu
Iste Feixoo esquece cos votos do BNG faltanlle 1,53 deputados mentras co PP a nivel nacional ten 6 deputados demais esi que tendo en conta o deficit de representacion do voto do BNG e moi democratico e moralmente sano co BNG tenha o seu senador a Madri

Marzo 26, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Artigos relacionados
  1. Pacto de Tinell á galega

Image