Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Xornadas Docentes abordarán o conflito lingüístico Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 26 de Marzo do 2008   |   Comunicación
escola Un total de 700 docentes abordarán a partir de hoxe, e de forma simultánea nas sete cidades galegas, o papel da Galiza no mundo cunhas xornadas "necesarias e urxentes" na que se abordará o conflito lingüístico e que estarán dedicadas á socioloxía da educación e sociedade. 
Así o anunciaron en rolda de prensa os impulsores desta iniciativa, que conta co respaldo da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG), e o sindicato CIG-Ensino. Neste senso, un dos membros de ASPG, Olga Patiño, explicou que estas xornadas se desenvolverán simultaneamente nas sete cidades galegas, dende hoxe e até o 17 de abril, coa rotación dos diferentes relatores.

Ao respecto, o concelleiro de cultura, Néstor Rego, cualificou as xornadas de "necesarias e imprescindibles" e asegurou que pretenden situar o papel da Galiza e do seu sistema educativo como "un elemento fundamental" na evolución da sociedade.

O secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, recalcou que o obxectivo desta iniciativa é contextualizar "o que debe ser" a educación na Galiza, xa que, criticou que a sociedade está "chea de tópicos e moi mediatizada" polo que hai "moi pouco" análise crítica da situación na que se vive.

As cuestións que se abordarán nas diferentes charlas están centradas na lingua galega dende a súa orixe até hoxe, o ensino e o conflito lingüístico, as alternativas a un mundo bipolar, a análise do modelo neoliberal, o pensamento nacionalista, e o papel da Galiza no contexto estatal, entre outras cuestións.

Entre os profesionais que participarán, intervirán o profesor da UDC, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Pilar García Negro e Xurxo Torres Santomé; o profesor da USC, Xavier Vence Deza; os profesores de secundaria Bieito Alonso Fernández, Xoán Carlos Garrido Couceiro, Matías Rodríguez da Torre, Francisco Rodríguez Sánchez, e Celso López Pazos; e a antropóloga estadounidense Kellie Germond.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image