Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Sen acordos na Mesa do Leite Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 27 de Marzo do 2008   |   Economía
leite A reunión da Mesa do Leite finalizou, tras cinco horas de negociación, sen un acordo entre as industrias lácteas e os tres sindicatos agrarios (Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores) acerca do prezo medio anual de referencia.

Só unha "declaración de intención" por parte das empresas de non baixar a cotización media aboada por litro do alcanzado en 2007, que foi de 36,3 céntimos de euro, que os sindicatos valoraron pero admitiron a súa "decepción" non só porque non existe ningún "compromiso concreto" da súa execución, senón polo feito de que o prezo medio aboado en 2007 non garante a rendibilidade das explotacións gandeiras, porque o aumento dos custos de produción "non son comparables", argumentou o voceiro do SLG, Xabier Gómez.

Así, os sindicatos recordaron que os custos de produción de explotacións se encareceron moito debido á suba do gasóleo e dos cereais para reclamar un prezo medio anual de referencia superior ao de 2007.

"Non moveron ficha, cando non existía motivo para iso", recriminoulles ás industrias o secretario xeral técnico de Xóvenes Agricultures, Francisco Bello, quen alertou ademais, de que aínda que as industrias cualifiquen de "estacional" a baixada realizada ata seis céntimos de euro en febreiro, os gandeiros temen que en "marzo e abril" se produza novas caídas da cotización.

Avanzaron que manterán unha nova reunión hoxe para analizar a medidas que adoptarán ante a falta de acordo e non descartaron que se retomen as protestas como as levadas a cabo as pasadas semana en Nadela (Lugo) e Pontedeume, que finalizaron con asalto a instalacións e estragos. "É posible que se fale de volver ás mobilizacións", adiantou o responsable de Acción Sindical de Unións Agrarias, Xavier López.

Industrias e sindicatos acordaron levar a cabo reunións bilaterais para achegar posturas fóra do grupo de traballo da Mesa do Leite. Precisamente, o responsable de Leite Río, Xesús Lence, mostrouse convencido de que, ao finalizar 2008, os gandeiros "se verán cun aumento do beneficio superior ao 10 por cento".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image