Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Un ex-ministro detido pola desaparición dun cidadán galego Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 27 de Marzo do 2008   |   Internacional
cristinakirchner O Goberno arxentino, que preside Cristina Fernández, pediu a detención do ex-ministro de Economía da ditadura militar (1976-1983) José Alfredo Martínez de Hoz pola desaparición do galego Juan Carlos Casariego de Bel, que traballaba como funcionario na carteira de Facenda no momento da súa desaparición. 

A petición foi do secretario de Dereitos Humanos, Eduardo Luis Duhalde, ante o xuíz federal Daniel Rafecas. Tamén se reclamou o arresto doutros dous ex-funcionarios que respondían ante Martínez de Hoz, Juan Alemann e Guillermo Walter Klein, ex-secretarios de Facenda e de Coordinación e Programación Económica.

Casariego de Bel opúxose á privatización da "Compañía Italo Argentina de Electricidad" (CIAE). Era director de Rexistros de Investimentos Estranxeiros do Ministerio de Economía e desapareceu o 15 de xuño de 1977, tras negarse a asinar unha cláusula para acreditar que a CIAE era de capitais estranxeiros para cotizala un prezo maior ao real valor, previo á súa estatización.

Duhalde dixo que a desaparición de Casariego está "estreita e fundamentalmente ligada á súa negativa a acordar, o que ao seu xuízo non correspondía en relación á Italo Argentina, que até dous días despois do golpe era presidida por Martínez de Hoz", a quen definiu como un "cadro esencial do proxecto terrorista da ditadura".

Como Casariego era de orixe galega, a Federación de Entidades Galegas presentou un pedido de investigación ante a xustiza federal que non prosperou, mais agora o caso reabrirase trala presentación da petición da Secretaría de Dereitos Humanos.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image