
| Un ex-ministro detido pola desaparición dun cidadán galego |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 27 de Marzo do 2008 | Internacional | |||
A petición foi do secretario de Dereitos Humanos, Eduardo Luis Duhalde, ante o xuíz federal Daniel Rafecas. Tamén se reclamou o arresto doutros dous ex-funcionarios que respondían ante Martínez de Hoz, Juan Alemann e Guillermo Walter Klein, ex-secretarios de Facenda e de Coordinación e Programación Económica. Casariego de Bel opúxose á privatización da "Compañía Italo Argentina de Electricidad" (CIAE). Era director de Rexistros de Investimentos Estranxeiros do Ministerio de Economía e desapareceu o 15 de xuño de 1977, tras negarse a asinar unha cláusula para acreditar que a CIAE era de capitais estranxeiros para cotizala un prezo maior ao real valor, previo á súa estatización. Duhalde dixo que a desaparición de Casariego está "estreita e fundamentalmente ligada á súa negativa a acordar, o que ao seu xuízo non correspondía en relación á Italo Argentina, que até dous días despois do golpe era presidida por Martínez de Hoz", a quen definiu como un "cadro esencial do proxecto terrorista da ditadura".
Como Casariego era de orixe galega, a Federación de Entidades Galegas presentou un pedido de investigación ante a xustiza federal que non prosperou, mais agora o caso reabrirase trala presentación da petición da Secretaría de Dereitos Humanos. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|