Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Homenaxe á Torre de Hércules Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   A Coruña
coruna A Fundación Luis Seoane, en colaboración coa concellaría de Asuntos Sociais e o Colexio de Arquitectos da Coruña, rende unha homenaxe dende o mundo da arquitectura á Torre de Hércules, con motivo da súa candidatura para ser declarada Patrimonio da Humanidade, a través da mostra 'A luz de Lupo', un proxecto desenvolvido polo arquitecto Fermín Blanco. 

O nome da mostra fai referencia ao arquitecto ao que se lle atribúe o deseño e a construción do faro romano, Gaio Sevio Lupo, "a quen se lle agradece a construción en forma de luz que permitiu que a estrutura perdurase até hoxe en día", segundo explicaron fontes da Fundación herculina.

Coa devandita mostra preténdense difundir os valores arquitectónicos da torre a través da construción de estruturas de porexpan que proveñen de caixas de peixe do Porto da Coruña e que permiten intervir na interpretación da súa estrutura.

O proceso de traslado e transformación do porexpán recóllese na mostra, a través dun proxecto expositivo, que se complementa cuns talleres didácticos nos que os nenos poderán reproducir a diferentes escalas o deseño do faro romano e comprender o porqué da súa estrutura e a relación que a construción mantén co ámbito.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image