Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Uso do galego na USC Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   Cultura
xeografia O Servizo de Normalización Lingüística e a Vicerrectoría de Cultura da Universidade de Santiago (USC) promoveron a elaboración de 17 guías que permitirán "revisar, avaliar e ser moi transparentes" na oferta docente aos estudantes, así como abrir un espazo de crítica conxunta e contribuír ao uso do galego.

Así o destacou na presentación das guías o vicerrector de Cultura, Elías Torres, quen considerou que o resultado acadado "enriquece os níveis de calidade da USC", ao tempo que "acredita unha mellor consecución" dos obxectivos da universidade como institución docente.

A USC promoveu o desenvolvemento do I Curso de elaboración de Unidades Didácticas, referidas a 17 materias impartidas polos docentes que participaron no curso. Os documentos servirán de material de traballo tanto para os alumnos coma para o profesorado.

Este primeiro curso estaba dirixido exclusivamente a profesores universitarios e persoal docente en formación, co obxectivo xeral de contribuír ao uso do galego unido á mellora metodolóxica na docencia.

Pola súa banda, o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Lois Ferradas, coincidiu coa profesora Concha Losada ao apostar porque o traballo presentado supoña o inicio dun novo camiño a favor do idioma e da reivindicación da calidade na docencia que redunde tanto nos profesores da USC, coma nos seus alumnos.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image