Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Barreiras recibe a Medalla de Vigo Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   Comunicación
vigo O presidente do estaleiro Hijos de J. Barreiras, José Francisco González Viñas, recibiu a medalla de Vigo de mans do alcalde da cidade, Abel Caballero, polo "seu labor industrial acorde co cambio dos tempos". No mesmo acto, que serviu para conmemorar a Reconquista, tamén se fixo entrega de títulos de Vigueses distinguidos de 2008 a un total de sete entidades e persoas destacadas polo seu labor a favor da urbe nos seus distintos ámbitos de actuación. 

A celebración, que comezou ás 20.00 horas no Centro Cultural Caixanova, contou coa asistencia dunha nutrida representación dos axentes sociais, económicos e políticos da cidade. Así, ademais dos membros da Corporación Municipal, formada polos partidos PSdeG, BNG e PP, tamén asistiu a presidenta do Parlamento galego, a viguesa Dores Villarino.

As persoas e colectivos que recibiron o galardón de Vigués distinguido foron a Confraría do Cristo de la Victoria, a Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, a Asociación de Antigos Alumnos do colexio María Auxiliadora (Salesianos), a xogadora de baloncesto en cadeira de rodas María Victoria Alonso, o xornal A Nosa Terra, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais e a Asociación de Corais Polifónicas da cidade.

A Medalla da cidade concedeuse este ano na factoría naval de Barreiras, fundada en 1892 e á que o Concello fixo un recoñecemento do seu "labor industrial acorde co cambio dos tempos" e por ser unha industria "punteira" ademais dunha grande "fonte de postos de traballo".

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image