Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A democracia aburrida de Aznar Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Venres, 28 de Marzo do 2008   |   Estatal
aznarbotella O ex-presidente do Goberno español José María Aznar asegurou en Bos Aires que "os españois teñen unha certa inclinación ao masoquismo histórico e a flaxelarse", mais el se declarou orgulloso da súa nacionalidade porque "España é unha das poucas nacións que deixou pegada na historia". 
"Cremos as lendas que outros construíron sobre nós", declarou o que foi presidente do Goberno da España, a quen lle preocupa que "unha sociedade se aburra da normalidade democrática".

"Eu apúntome á aburrida normalidade democrática durante varios séculos, porque realmente prefiro iso ás alteracións que evidentemente fan que a vida institucional nos países sexa moito máis feble", concluíu .

Así o expresou na presentación do seu libro "Cartas a un joven español", no sintetizou as súas ideas sobre a nación española, o terrorismo ou a familia.

A normalidade democrática da que gosta é máis semellante á que practicaba aquel homiño de Ferrol... e as súas ideas sobre o Estado - que non nación - español, a familia e máis o terrorismo xa as temos máis que caladas.  Logo non reproducimos nada do interior do "interesante" libro para non enfermar e botar a perder unha bonita fin de semana... con imaxinar xa abonda, que é un exercicio moi bo para a mente.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image