Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Querela criminal por homicidio imprudente Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Sábado, 29 de Marzo do 2008   |   Sociedade
galizacig O representante da sección da Mar da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, presentou, acompañado polo procurador da central sindical, unha ‘querela criminal por homicidio imprudente e contra os dereitos dos traballadores’, no xulgado nº 2 de Instrución de Ferrol, onde se están a instruír as dilixencias previas nº 269/2008, do afundimento do barco “Cordero”, o día 15 de xaneiro de 2008 na costa ferrolá. 

Tras da presentación da querela, Aboi salientou que esta “vai contra os responsábeis políticos e non contra os traballadores”, matizando que a CIG recoñece o labor tanto daqueles que van nas lanchas como nos helicópteros e que arriscan de forma constante a súa vida nos labores de rescate.

 

Para o representante de CIG-Mar é imprescindíbel que se depuren responsabilidades políticas “por respecto aos mortos e aos vivos”. Por iso, entre os imputados figuran altos cargos do Ministerio de Fomento, como o Director Xeral da Mariña Mercante, o Subdirector Xeral de Seguridade Marítima e Contaminación, o Subdirector Xeral de Calidade e Normalización de Buques e Equipos, a Directora Xeral da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, o secretario Xeral de Transportes, o Director de Operación de SASEMAR, o Director do Centro Nacional de Coordinación de Salvamento Marítimo, o Presidente do Consello de Administración da empresa HELICSA Helicópteros, S.A. e o Presidente do consello de Administración da empresa Remolques Marítimos S.A.

 

A CIG non descarta que a medida que se instrúe o caso se vaia ampliando a lista de imputados “por non ter adoptado, a pesar de estar legalmente obrigados, as medidas tendentes a evitar o resultado que finalmente se produciu: a morte e a posta en grave risco da vida dos mariñeiros do barco ‘Cordero’”, tal e como está previsto no artigo 318 do Código Penal.

 
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image