Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Feridos por unha carga policial Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 29 de Marzo do 2008   |   A Coruña
nostian Varios traballadores de Albada, a sinatura encargada do funcionamento da planta de tratamento de lixos de Nostián, na Coruña, resultaron feridos leves por unha carga policial cando se manifestaban na porta da empresa para pedir melloras salariais e de seguridade no traballo.

O presidente do comité de empresa, Xosé Manuel Vilariño, explicou que un traballador xa presentou unha denuncia por agresión e que outros decidirán se o fan o próximo luns.

Vilariño asegurou que, "en vista da actitude en contra da negociación da empresa e da carga policial" decidiron que, de chegar ao 12 de abril sen un acordo, a folga será indefinida. "O lixo vaise acumular polas rúas e non imos mover nin un camión, vai haber cheiros e gases", advertiu.

A concentración era a primeira dos traballadores de Albada, dentro do seu calendario de mobilizacións, e celebrouse entre as 13.00 e as 15.00 horas para incluír as dúas quendas de traballo e que os de mañá participasen de 13.00 a 14.00 horas e os da tarde de 14.00 a 15.00 horas. Vilariño afirmou que "acudiu todo o equipo" e que a concentración foi "totalmente pacífica".

A partir de agora teñen prevista outra concentración para o próximo luns ás 10.30 horas na praza de María Pita, ademais doutras dúas para o 2 e o 4 de abril.

De non alcanzar un acordo este calendario consumarase cunha folga indefinida a partir do día 12 do próximo mes, que se une á súa decisión de non traballar horas extras dende hai xa case tres semanas.

A renuncia a traballar horas extra provocou que os colectores de almacenaxe de lixo de Nostián estean repletos e que a mesma se acumule na explanada de entrada á planta. Este feito provocou xa queixas dos traballadores de Cespa, empresa encargada da recollida dos residuos da cidade e do seu transporte.

A violencia policial e non policial é intolerable. E metidos xa noutra materia, máis vale que se amañen dunha vez senón non vai haber quen respite na Coruña. Como se non nos abondaran xa os cheiros habituais!!!

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image