Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Bonecos e xoguetes en galego Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 30 de Marzo do 2008   |   Galiza
marisol A Mesa pola Normalización Lingüística  revelou que "as industrias están en disposición favorable para negociar que os bonecos e xoguetes falen en galego" contrariamente ao que asegurou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, quen aseverou que as empresas lle ofreceron "unha resposta fría"

Carlos Callón, asegurou que ten constancia de que o sector profesa unha actitude receptiva ante a galeguización dos xoguetes e acusou á secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, de "non ser capaz" de "negociar en serio" coas empresas de xoguetes.

López aclarou onte en comisión parlamentar que as empresas eran partidarias deste cambio sempre e cando estivese garantida unha compra dun número importante de bonecos, unha esixencia empresarial na que unha intervención pública queda minguada.

Preguntado polas declaracións de Marisol López, Carlos Callón esgrimiu que, se se dá esa actitude empresarial, un departamento de Política Lingüística "ten que ser capaz de garantir a incerteza" que xera aos comerciantes de xoguetes o feito de vender bonecas que falen galego ao non ter asegurados unha cota de mercado razoable.

Por iso, dubidou de que a secretaria estea a funcionar e reprochou a Marisol López "non saber" o que é un departamento de Política Lingüística e recordoulle que as funcións deste órgano son as de "defender e fomentar" o uso do idioma e non ser a "bela durminte" da Xunta. Precisamente, reproboulle que outros departamentos do Executivo autonómico levan a cabo máis iniciativas de normalización que esta área.

Pois a quen competa, á desnormalizadora ou a quen sexa, eu son unha nai que non atopa nen un só xoguete en galego para o seu neno e esixo que alguén se mova.

A ver se vexo algún antes de chegar a avoa... e iso que o meu André aínda é un bebé.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image