Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Sócrates defende o investimento de Pescanova Imprimir Correo-e
  • Currently 4.5/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 4.5/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Luns, 31 de Marzo do 2008   |   Portugal
sec_geral O primeiro ministro portugués, José Sócrates, defendeu o investimento de 140 millóns de euros que levará a cabo en Portugal a empresa Pescanova para a posta en marcha da maior planta de acuicultura do mundo, na localidade de Mira. 
Sócrates dixo que o proxecto de Mira, destinado á cría de rodaballo, é 'benvido e importante para a industria portuguesa', en resposta a unha pregunta do deputado da esquerda verde José Miguel Gonçalves.

Gonçalves criticara a redución do orzamento do Instituto de Conservación da Natureza (ICN), que Sócrates xustificou pola contención do gasto que o Executivo socialista leva a cabo en todos os organismos do Estado. O deputado afirmou que a redución de fondos para o ICN se produce no momento en que Pescanova recibirá das arcas públicas unha cantidade de 43 millóns de euros para o seu proxecto de Mira.

O proxecto de Pescanova suporá a creación de 200 postos de traballo directos, a través da posta en marcha dunha planta que construirá a compañía Somague, controlada por Sacyr Vallehermoso.
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image