Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Nogueira en desacordo con Quintana Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 31 de Marzo do 2008   |   Galiza
camilonogueira

O ex-parlamentario e único eurodeputado que logrou o BNG, Camilo Nogueira, advertiu á dirección do Bloque de que emprendeu un "camiño potencialmente destrutivo" ao decidir converterse nunha formación  de apoio a un dos partidos "dominantes", tanto na Galiza coma no Estado.

"Hoxe é o PSdeG -lembrou- mais quizais mañá será o PP, se este cambia de política", augurou. 

"O BNG ten que ser consciente de que a deriva tomada hai varios anos debe finalizar", así o aconsella nun documento presentado onte no Consello Nacional do BNG. Nogueira na última asemblea do Bloque tomou a decisión de impulsar unha candidatura alternativa para disputar ao voceiro nacional do Bloque, Anxo Quintana, a súa presidencia.

Precisamente, a reunión do consello Nacional tiña como obxectivo avaliar os resultados das eleccións xerais, onde o BNG concluíu que se cumpriron os obxectivos, ao incrementar o apoio electoral nunha situación sen maiorías absolutas e ao lograr un "papel decisivo" no ámbito do Estado.

Esta interpretación dos resultados confirma, para Camilo Nogueira, a tendencia "acomodaticia e subordinada que define a actuación presente da organización". Así, reprobou que se valore dese xeito un resultado electoral "practicamente idéntico" ao conseguido en 2004, cando o BNG sufriu "unha forte caída, perdendo votos e un deputado".

Unha análise que "oculta", ao seu entender, "o carácter actual da sociedade galega, máis preparada que nunca para emprender un proceso de autodeterminación".

Por iso, acusou ao BNG de "afastarse sistematicamente" dos movementos sociais e atribuíuno a que a dirección "non fai nada" para integrar no movemento nacional ás capas sociais profesionais, tanto novas como maiores, dunha sociedade galega, hoxe urbana e industrial na súa aplastante maioría, "formando un todo co mundo agrario e co pesqueiro".

Nogueira considerou que a propia elaboración das últimas listas electorais reflicten estas "carencias decisivas" e atribuíu os votantes do BNG a que "unha parte considerable" se mantén pola "fidelidade a Galiza como nación", a pesar de que "non concordan con coa orientación desnortada que tomou a organización".

 

Comentarios (6)add
1
Choiva
O Camilo cando fala de "desnorte" está a falar de si mesmo, non si?

Marzo 31, 2008

2
6matriuska
Parabéns a Camilo. Está claro que se está onde está é porque boa parte da militancia concorda com el e por iso foi votado. Levam anos tentando condenalo ao ostracismo mas non dan feito, Camilo dévese ao país bastante maís que ao partido.
Parabéns novamente por unha crítica que muitas/os partilhamos.

Marzo 31, 2008

3
Xandokas
O único problema de Camilo é que el "non está na movida"
smilies/grin.gif

Abril 01, 2008

4
Xaxa
Eu non entendoisto depelxarse dista maneira si aopinione discordante, BNG ten que ser un arco da velha donde toda a xente pode estar,ter Beiras foraios historicos fora di moi pouco po estado no que estamos, io que di co voto non medrou e co PSOE fagocita e un analise que pode serverda ou non mais co vote e o mesmo ca en 2004 e un feito, o problema e movilizar o votopasarde 200k a 500k de votos, eso e posible soo co nacionalismo nin xerga nin direita laiza pirmeiro e na mais pero e moi dificil porque os queviven millor na galiza son sempre os quetenhen o teto en Madri.
Camilo e correto no que di e de respetar, Quin fai o que pode mais os votos estan nos 200k e non se moven,

Abril 02, 2008

5
Garrulete
"Levam anos tentando condenalo ao ostracismo mas non dan feito"
----
Sí, home, sí.
Nas europeas sobor de todo.

Camilo é a imaxe clara da metáfora: "máis val honra sen barcos, que barcos sen honra"

A xogar á petanca e asinar columnas na prensa, que para máis non da o probe.

Eu non esquezo de quen promoveu tan "acertadamente" a GALEUSCAT.

Abril 06, 2008

6
Fran
Nogueira tes moita razón.

Abril 07, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image