|
Grande comezo de Gómez Noia |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 31 de Marzo do 2008 |
Deportes
|
 |
O triatleta galego, Javier Gómez Noia, impúxose na primeira proba da BG Copa do Mundo de Triatlón 2008, que se disputou na localidade australiana de Moloolaba, tras marcar un tempo de 1:49:502. |
O vixente campión de Europa, que non perde unha proba desde xuño do ano pasado, mostrouse moi superior aos seus rivais e percorreu os 1,5 quilómetros de natación, os 40 quilómetros de ciclismo e os 10 quilómetros de carreira a pé nun gran tempo, a pesar de facer mal a natación, o que lle valeu para avantaxar aos seus inmediatos perseguidores, o australiano Brad Kahlefeldt e o británico Tim Don, en 24 e en 34 segundos respectivamente.
Noia, que levaba sen competir nunha proba desde o pasado mes de setembro en Pequín, volveu á competición do mellor xeito posible, e deu un golpe de autoridade que mermou a moral dos seus rivais, xusto no ano dos Xogos Olímpicos.
CLASIFICACIÓN DA BG COPA DO MUNDO. (Moloolaba)
1. JAVIER GÓMEZ NOYA (ESP) 1.49:502. / (GZ)
2. Brad Kahlefeldt (AUS) 1.50:143.
3. Tim Don (GBR) 1.50:234.
4. Bevan Docherty (NZL) 1.50:275.
5. Greg Bennett (AUS) 1.50:296.
6. Oliver Freeman (GBR) 1.50:347.
7. Paul Tichelaar (CAN) 1.50:388.
8. Brendan Sexton (AUS) 1.50:449.
9. Simon Thompson (AUS) 1.50:531.
10. Kyle Jones (CAN) 1.50:581.
Comentarios () |
|
|
|
|
|