
| Inditex gañou 1.250 millóns de euros en 2007 |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 31 de Marzo do 2008 | Economía | |||
Durante o exercicio, Inditex continuou impulsando a estratexia de expansión, dirixida tanto á consolidación da presenza comercial nos principais mercados europeos coma ao crecemento en áreas de forte potencial, como o Leste de Europa e Rusia ou a rexión de Asia-Pacífico. Concretamente, o grupo galego realizou 560 aperturas durante 2007, acadando a 31 de xaneiro un total de 3.691 establecementos en 68 países. O grupo presidido por Amancio Ortega, que pechou o exercicio cun equipo de 79.517 traballadores, trala creación de 10.277 novos empregos, investiu 942 millóns de euros en 2007, un 6% superior aos 887 millóns de euros de inversión realizada en 2006. INVERSION DE 1.000 MILLÓNS EN 2008 O grupo de distribución prevé investir este ano uns 1.000 millóns de euros na apertura de novas tendas e a reforma das xa existentes. O rango de aperturas para este ano sitúase entre 560 e 640 novas tendas. Entre elas destaca o lanzamento dun novo concepto comercial especializado en accesorios, calzado e complementos de moda que se denominará 'Uterqüe'. Un 85% da nova superficie comercial corresponderá a tendas internacionais. O grupo ten previsto iniciar a súa actividade en catro novos mercados: Corea, Ucraína, Exipto e Montenegro, polo que ao final do exercicio 2008 operará en 72 países. Tamén, o consello de administración de Inditex acordou propoñer á xunta un incremento do 25% no dividendo correspondente aos resultados do exercicio 2007, o que suporá unha retribución de 652 millóns de euros, 1,05 euros por acción.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|