Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Inditex gañou 1.250 millóns de euros en 2007 Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 31 de Marzo do 2008   |   Economía
amancio-ortega Inditex rexistrou un beneficio neto de 1.250 millóns de euros durante o seu exercicio fiscal 2007-2008 (do 1 de febreiro de 2007 ao 31 de xaneiro de 2008), o que supón un incremento do 25% respecto ao ano anterior, segundo informou hoxe o grupo.

As vendas situáronse en 9.435 millóns de euros, o que representa un incremento do 15%, impulsadas pola moi boa evolución das vendas en tendas comparables, que foi do 5% no conxunto do exercicio, como pola nova superficie comercial, con 560 aperturas netas. 

O resultado bruto de explotación (Ebitda) situouse en 2.140 millóns de euros, un 20% máis respecto ao exercicio precedente, mentres que o resultado neto de explotación (Ebit) foi de 1.652 millóns, un 22% máis.

Durante o exercicio, Inditex continuou impulsando a estratexia de expansión, dirixida tanto á consolidación da presenza comercial nos principais mercados europeos coma ao crecemento en áreas de forte potencial, como o Leste de Europa e Rusia ou a rexión de Asia-Pacífico. Concretamente, o grupo galego realizou 560 aperturas durante 2007, acadando a 31 de xaneiro un total de 3.691 establecementos en 68 países.

O grupo presidido por Amancio Ortega, que pechou o exercicio cun equipo de 79.517 traballadores, trala creación de 10.277 novos empregos, investiu 942 millóns de euros en 2007, un 6% superior aos 887 millóns de euros de inversión realizada en 2006.

INVERSION DE 1.000 MILLÓNS EN 2008

O grupo de distribución prevé investir este ano uns 1.000 millóns de euros na apertura de novas tendas e a reforma das xa existentes. O rango de aperturas para este ano sitúase entre 560 e 640 novas tendas. Entre elas destaca o lanzamento dun novo concepto comercial especializado en accesorios, calzado e complementos de moda que se denominará 'Uterqüe'.

Un 85% da nova superficie comercial corresponderá a tendas internacionais. O grupo ten previsto iniciar a súa actividade en catro novos mercados: Corea, Ucraína, Exipto e Montenegro, polo que ao final do exercicio 2008 operará en 72 países.

Tamén, o consello de administración de Inditex acordou propoñer á xunta un incremento do 25% no dividendo correspondente aos resultados do exercicio 2007, o que suporá unha retribución de 652 millóns de euros, 1,05 euros por acción.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image