Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Incidente na manifestación contra o realoxo de xitanos Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 01 de Abril do 2008   |   A Coruña
protesta A Policía Nacional detivo un condutor que se deu á fuga tras arrastrar un home, duns 30 anos de idade, que estaba a cortar o tráfico no vial de acceso á cidade da Coruña para protestar polo posible realoxo de familias de etnia xitana do poboado de Penamoa no barrio de Novo Mesoiro.
En torno a medio millar de veciños de Novo Mesoiro, apoiados por outros de Eirís e Os Rosales, mantiñan cortado o tráfico nos tres carrís de saída da cidade na Avenida de Alfonso Molina e procedían a cortar os outros tres de entrada, o que provocaba importantes retencións.

Entón o condutor dun turismo Hyundai azul claro acelerou e levou por diante a un novo, que foi uns 200 metros enriba do capó, polo que sufriu rabuñaduras en diversas partes do seu corpo e, aínda que foi evacuado por unha ambulancia ao Complexo Hospitalario Juan Canalejo, puido acceder a ela polo seu propio pé.

O suceso provocou a indignación do resto de manifestantes, que se lanzaron sobre o coche para zarandealo e berrar consignas contra o condutor, que entón se deu á fuga. Poucos minutos despois, o condutor foi localizado pola Policía Nacional, que o trasladou no seu propio vehículo até a Comisaría. O suceso enrareceu o ambiente na manifestación, onde os participantes lanzaron consignas contra o alcalde da Coruña, Javier Losada, e algúns medios de comunicación.

O corte dos carrís de entrada e saída da avenida de Alfonso Molina prolongouse durante media hora, entre as 20.00 e as 20.30 horas, o que levou consigo fortes retencións de tráfico, xa de por si habituais na zona a esa hora. A Policía Nacional tratou de negociar cos manifestantes para que deixasen libre un dos dous viais, un feito ao que se negaron os veciños.

Minutos antes de finalizar a súa manifestación extraoficial e sen permiso da Delegación do Goberno, os veciños de Novo Mesoiro ameazaron con repetir os cortes a diario, mais esta vez sen avisar nin do lugar, nin da hora e até que Losada acceda a comprometerse ante notario a non levar xitanos ao seu barrio.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image