
| Liberdade para Palestina |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 01 de Abril do 2008 | Internacional | |||
Insistiu na importancia que ten o comportamento de estados como España con respecto a Israel para que mellore a situación palestina, porque, segundo dixo, "se a decisión dunha parte do mundo logrou acabar co apartheid en Sudáfrica, tamén será posible intentalo de novo" para conseguir a paz en Palestina. Así, considerou fundamental unha maior presenza dos problemas palestinos nos medios de comunicación, pero sobre todo a posibilidade de establecer "un boicot aos produtos israelís, así como a anulación dos acordos militares con ese país". SITUACIÓN ACTUAL. Khaled recordou as "continuas" violacións de dereitos humanos que se dan en Israel, que converten a vida dos palestinos "nun grande cárcere baixo o teito israelí". "Os seus mandatarios esnaquizaron máis de 10.000 fogares palestinos, e aínda o seguen facendo", acusou. Ao respecto, engadiu que para a construción do muro que está a levantar o goberno israelí, "se acabou con moitas terras agrícolas que eran a fonte de ingresos para moitas familias palestinas"; ademais da existencia de máis de 11.000 presos palestinos en Israel, dos que máis de 1.000 son nenos.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|