Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Sentenza contra Transportes Rial S.L. Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 02 de Abril do 2008   |   Sociedade
galizacig O pasado mércores día 26 de marzo celebrábase o xuízo por vulneración de dereitos fundamentais contra a empresa de Negreira Transportes Manuel Rial S.L. Segundo a sentenza, que se fixo pública -luns día 31 de marzo-, considérase probada tal vulneración polo que se condena á empresa ao cese inmediato do seu comportamento repoñendo aos traballadores na integridade dos seus dereitos e a pagar unha cantidade en concepto de indemnización.

Os traballadores de Transportes Rial S.L. reclamaban, o pasado mes de xullo, o cumprimento do convenio colectivo e uns horarios de traballo racionais. En resposta ás súas demandas a empresa comezou a adoptar medidas contra eles, en represalia, que se traduciron nun alargamento das xornadas, retirada do material de traballo, insultos, atrasos no pagamento dos salarios ou impagos, para finalmente, desde o mes de setembro, deixalos sen traballo efectivo diante da nave da empresa e coa prohibición expresa de falar cos seus compañeiros.

 

Neste xuízo, que afectaba a dous dos traballadores represaliados consideráronse como feitos probados todas as acusacións dos demandantes contra a empresa: que se viñan realizando moitas máis horas de condución das legais, até 15 diarias; que para evitar excesos de horas de condución rachábanse os discos de tacógrafo ou obrigábaselles a levar a nome doutros traballadores ou do propio administrador da empresa discos no camión para xustificar as horas caso de seren parados pola Garda Civil; que prestaban servizos 25 ou 26 días ao mes e non disfrutaban de tempos de vacacións anuais; que ademais non se lles abonaba a paga de marzo nin viron compensado nunca ese exceso de tempo de xornada nin con tempos de descanso nin con pagas extra.

 

A sentenza tamén recoñece que todo o cadro de persoal da empresa tiña recoñecida unha categoría inferior á que lle correspondería legalmente por convenio colectivo e que os problemas comezan cando se celebran as eleccións sindicais nas que sae elixido un delegado da CIG co que se comezan, a instancias deste representante dos traballadores, unhas negociacións coa empresa a fin de regularizar progresivamente a situación laboral. É a partir do fracaso destas negociacións que a empresa comeza coas represalias máis graves, que levaron á presentación desta demanda.

 

Desde a CIG valórase positivamente a sentenza porque constata que a falta de encomenda de traballos a estes traballadores foi consecuencia directa da súa postura reivindicativa en demanda do cumprimento da legalidade por parte da empresa. A reacción empresarial foi desproporcionada mantendo durante case seis meses a estes traballadores á intemperie e sometidos a insultos e vexacións constantes.

 

A CIG agarda que finalmente a empresa cumpra a sentenza, devolva o seu material de traballo a estes persoal e os restitúa nas súas funcións á maior brevidade posíbel, rematando así co acoso laboral ao que están sometidos aínda a día de hoxe.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image