Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Por primeira vez a programación en galego Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 02 de Abril do 2008   |   Cultura
escola Os opositores á Oferta Pública de Emprego (OPE) prevista pola Consellaría de Educación para este ano, cun total de 2.008 prazas, deberán desenvolver obrigatoriamente unha única proba en lingua galega, ao ter que entregar e presentar ao tribunal a programación en galego por primeira vez. 

A proposta de orde na que traballa Educación recolle, por primeira vez, que unha proba, que consta de dúas partes -entrega da programación e presentación ante o tribunal-, sexa obrigatoriamente en lingua galega.

Fontes de Educación explicaron que, deste xeito, se dá cumprimento á reforma da Lei de Función Pública, que establece que, polo menos, unha proba da oposición sexa obrigatoriamente en lingua galega.

Por iso, na OPE de 2008 da Administración educativa preténdese que a programación, que consta de 15 unidades didácticas, sexa entregada exclusivamente galego polos aspirantes. A nota das dúas partes desta proba única será "global".

A OPE consta de tres partes, a elección dun tema que deberán desenvolver por escrito os opositores, a programación didáctica --que se entrega por escrito e despois se expón unha das 15 unidades didácticas ante o tribunal-- e o comunmente denominado "encerro", que consiste na exposición oral dun tema.

No desenvolvemento escrito dun tema e a exposición oral do "encerro", os participante na Oferta Pública de Emprego poden elixir entre a lingua castelá ou galega.

É un paso, aínda pequeno, mais é un paso importante.

 

Comentarios (1)add
1
queimado
Pos non vexas como se puxeron os do Faro de Vigo e os de Galicia Bilingue. Levan dous días, en grandes titulares, falar da imposición do galego. Seica ata os analfabetos teñen dereito a ser profesores

Abril 02, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image