
| O número de parados baixou en marzo |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 02 de Abril do 2008 | Economía | |||
Por provincias, o desemprego baixou en marzo nas catro galegas. Na de Pontevedra baixou en 799 persoas (un 1,33 por cento), na de Lugo en 331 (un 2,04 por cento), na de Ourense en 302 (un 1,48 por cento) e na da Coruña en 216 (un 0,33 por cento). Tras estas cifras, a provincia da Coruña ten 64.958 desempregados; a de Pontevedra conta con 59.290; a de Ourense contabiliza 20.048 parados; e a lucense rexistra 15.884 desempregados.
No conxunto de España o descenso do paro rexistrado foi de 14.356 persoas, un 0,62 por cento con relación ao mes de febreiro, polo que o total de desempregados é de 2.300.975, segundo informou hoxe o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|