
| Folga indefinida a partir do 12 de abril |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 03 de Abril do 2008 | A Coruña | |||
En concreto o venres concentraranse ante a praza de María Pita ás 10.30 horas da mañá; o sábado ás 12.00 horas concentraranse ante a planta de Nostián e a partir das 18.00 horas repartirán panfletos informativos por toda a cidade; e o domingo volverán concentrarse diante da planta de tratamento de residuos desde as 6.00 da mañá e até as 20.00 horas. O próximo martes repetirán as súas concentracións en Nostián desde as 13.00 horas e até as 15.00 horas, para o 10 de abril ás 9.00 da mañá desprazarse até Santiago de Compostela e concentrarse ante os edificios administrativos da Xunta en San Caetano. Todas estas mobilizacións culminarán cunha folga indefinida que comezará o próximo 12 de abril, e coa que pretenden que se aumente o seu salario, que actualmente é de 700 euros; ademais de mellorar as súas condicións de seguridade laboral, pois aseguran que o 30% do equipo está permanentemente de baixa como consecuencia de accidentes no traballo. Solucións xa. Primeiro pola seguridade e polo cheiro ...
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|