
| Novo establecemento de Bricoking |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 03 de Abril do 2008 | Economía | |||
A posta en marcha deste novo establecemento enmárcase no Plano estratéxico do Grupo, que, co horizonte posto no ano 2009, prevé a apertura de seis a oito centros ao ano, o que suporá en torno a 40 tendas BricoKing. No ano 2007, os datos consolidados do Grupo Jaerod botaron unhas cifras de 55 millóns de euros de facturación, 460 empregados e 68.000 metros cadrados de superficie de vendas. De cara ao 2008, as previsións do grupo apuntan cara aos 75 millóns de facturación, 580 empregados e 85.000 metros cadrados de superficie comercial. A apertura do establecemento de 'El Ejido', que contará cunha superficie de 2.400 metros cadrados, requiriu unha inversión de 2 millóns de euros e dará emprego a 15 traballadores. Como é habitual en todos os centros de BricoKing, ofrecerá máis de 25.000 referencias de bricolaxe. Ademais, disporá dun aparcadoiro con perto dun centenar de prazas. Na actualidade, BricoKing conta con outros 25 establecementos nas comunidades de Castilla-León, Castilla-La Mancha, Cataluña, Andalucía, Cantabria, Murcia, Navarra e Galiza.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|